20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

«Nacimiento», unha película sobre o primeiro sacerdote católico e mártir de Corea

«Nacimiento», unha película sobre o primeiro sacerdote católico e mártir de Corea

O Cinema-Teatro Salesianos estrea a película Nacimiento, que narra a historia do primeiro sacerdote católico e mártir de Corea, santo Andrés Kim Dae-geon, canonizado por santo Juan Pablo II en 1984. O domingo, 3 de marzo, haberá dúas sesións: ás 17 e ás 20 horas.  A venda de entradas anticipadas está dispoñible a través da web www.conesalesianos.com/entradas —o custo da entrada é de cinco euros—.

Sinopse

A película conta a vida do primeiro sacerdote e mártir coreano que naceu durante a dinastía Joseon en 1821, ao sur de Seúl. Kim creceu no seo dunha familia católica e foi elixido polos misioneiros da Sociedade de París para viaxar a Macao (Chinesa) para prepararse como sacerdote. Alí foi ordenado en 1845 polo primeiro bispo de Seúl, o francés Mons. Jean-Joseph Ferréol. De regreso ao seu país, foi perseguido e detido polo seu labor misioneira. Foi martirizado en 1846 con tan só 25 anos. Destacouse por ser pioneiro na dignidade humana, sobre todo, porque Corea era unha sociedade ordenada en castes e Kim predicou que, por estar «feitos a imaxe de Dios», todos os homes e mulleres son iguais e teñen a mesma dignidade. Esto levoulle a renunciar aos privilexios de pertencer á nobreza e a querer vivir en igualdade con todos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp