20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

Daniel Goberna, delegado diocesano para o Xubileu 2025

Daniel Goberna, delegado diocesano para o Xubileu 2025
FOTO. - Daniel Goberna, sacerdote y delegado diocesano para el Jubileo 2025 | © Diocese de Tui-Vigo

O 28 de febreiro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, fixo público o nomeamento do sacerdote Daniel Goberna, como delegado diocesano para o Xubileu do 2025 que terá lugar en Roma. Comeza así a fase de preparación e animación para vivir, como Igrexa universal, este gran acontecemento en todos os ámbitos da diocese de Tui-Vigo.

«Peregrinos de esperanza» é o lema que o papa Francisco escolleu para celebrar o Xubileu do 2025 en Roma. Tal e como explica o santo padre na carta enviada a Mons. Rino Fisichella, presidente do Consello para a Promoción da Nova evanxelización e responsable deste ano xubilar, «o próximo Xubileu pode axudar moito a restablecer un clima de esperanza e confianza, como signo dun novo renacemento que todos percibimos como urxente. […] Todo isto será posible se somos capaces de recuperar o sentido da fraternidade universal, se non pechamos os ollos ante a traxedia da pobreza galopante que impide a millóns de homes, mulleres, mozas e nenos vivir de maneira humanamente digna»

O Xubileu foi sempre un acontecemento de gran importancia espiritual, eclesial e social na vida de la Iglesia. Desde que Bonifacio VIII instituíu o primeiro Ano Santo en 1300 —con cadencia de cen anos, que despois pasou a ser segundo o modelo bíblico, de cincuenta anos e ulteriormente fixado en vinte e cinco—, o pobo fiel de Dios viviu esta celebración como un don especial de graza, caracterizado polo perdón dos pecados e, en particular, pola indulxencia, expresión plena da misericordia de Dios. Os fieis, xeralmente ao final dunha longa peregrinación, acceden ao tesouro espiritual de la Iglesia atravesando a Porta Santa e venerando as reliquias dos Apóstolos Pedro e Pablo conservadas nas basílicas romanas. Millóns e millóns de peregrinos acudiron a estes lugares santos ao longo dos séculos, dando testemuño vivo da súa fe perdurable.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp