11 de Maio de 2024

,

San Mamerto
11 de Maio de 2024

,

San Mamerto

“O amor no matrimonio”, tema do novo encontro «Construíndo Familia»

“O amor no matrimonio”, tema do novo encontro «Construíndo Familia»
Foto: Cartel promocional del nuevo encuentro «Construyendo Familia».

O vindeiro sábado 7 de maio, ás 10:30 horas, nos locais parroquiais da nosa Señora do Rocío, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organiza un novo encontro de «Construíndo Familia», que será impartido polo sacerdote e  teólogo,  Clodomiro Ogando, sobre “O amor no matrimonio”, tema central do capítulo cuarto da  Amoris  Laetitia, a  exhortación do papa Francisco sobre a beleza do amor.

Esta iniciativa promovida pola delegación de Pastoral Familiar vai dirixida a todas as persoas interesadas en coidar e acompañar o crecemento das familias, especialmente, para todos os axentes que imparten cursos  prematrimonias. Desde a pandemia da covid-19, os encontros desenvolvéronse de maneira telemática ata o pasado mes de xaneiro, no que volveron á  presencialidade, que continúa tamén nesta ocasión. 

A elección do tema non é casual, xa que a Pastoral Familiar de todo o mundo celebra, en comuñón coa Igrexa Universal, o Ano “Familia  Amoris  Laetitia, convocado polo papa Francisco en decembro de 2020, con motivo do quinto aniversario da publicación da  exhortación  apostólica escrita polo Santo Pai que fala do matrimonio e da beleza do amor. Coincide tamén, este ano, coa campaña «Matrimonio é +» que, coincidindo co día de San Valentín, impulsou a Conferencia Episcopal Española para revalorizar o sentido do  sacramento do Matrimonio e á que se uniu tamén a diocese de Tui-Vigo coa organización de diversas actividades —adoración  eucarística con mozas, roteiro romántico, etc.—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp