27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz
27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz

O bispo de Tui-Vigo preside a misa da Reconquista

O bispo de Tui-Vigo preside a misa da Reconquista
Foto: El obispo de Tui-Vigo preside la eucaristía en la concatedral-basílica de Vigo

O martes, 28 de marzo, ás 10.30 horas, na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía en acción de grazas ao Cristo da Vitoria para conmemorar a festa da Reconquista, mediante a cal a cidade olívica conmemora o alzamento popular que permitiu recuperar Vigo da ocupación das tropas napoleónicas grazas á intercesión do Cristo; para o exército francés, foi a primeira ocasión na historia na que debían retirarse dunha praza conquistada en Europa.

Cantará a misa a Coral Casabranca, que, o pasado ano, foi nomeada confrade de honra do Santísimo Cristo da Vitoria en recoñecemento á súa meritoria contribución aos fins da Confraría, plasmada na súa desinteresada e constante colaboración en todos os eventos para os que se solicitou a súa presenza. A Coral Casabranca interpretará ao final da mesma o Himno ao Santísimo Cristo da Vitoria, que o pasado ano cumpriu un centenario desde a súa creación.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp