13 de Decembro de 2024

,

Santa Lucía
13 de Decembro de 2024

,

Santa Lucía

Os bispos chaman a «Anunciar o Evanxeo da familia hoxe»

Os bispos chaman a «Anunciar o Evanxeo da familia hoxe»
Foto: Icono bizantino de la Sagrada Familia.

O vindeiro domingo 26 de decembro, a Igrexa católica conmemora a festa da Sagrada Familia e para celebralo, no marco do “Ano Familia  Amoris  Laetitia”, os bispo da Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española escolleron como lema «Anunciar o Evanxeo da familia hoxe».

A CEE xa publicou os materiais para axudar a delegacións e parroquias a prepararse para vivir esta Xornada da Sagrada Familia: a mensaxe completa dos bispos, o subsidio litúrxico ou a estampa da Xornada. Ademais, desde a delegación diocesana de Pastoral Familiar convidan a todos os fieis da Igrexa de Tui-Vigo a participar na celebración  eucarística presidida polo bispo  Mons. Luís Quinteiro Fiuza no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo ás 12:30 horas do próximo domingo 26 de decembro.

Que din os Bispos?

Os bispos da Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida, dentro da Comisión Episcopal para os Laicos, Familia e Vida, asinan a mensaxe para esta Xornada, que dedica a súa primeira reflexión á situación da familia na actualidade. Lamentan os bispos que o valor social e institucional do matrimonio entre home e muller aberto á vida «foi recibindo golpe tras golpe ata convertelo en algo que apenas ten relevo decisivo na vida das persoas» e advirten que «unha sociedade na que a familia perde o seu significado e deixa de ser de facto un piar fundamental debilítase  grandemente».

A cultura  relativista que se foi xestando ao longo de décadas fai difícil os compromisos estables e a vivencia da fe, puntualizan, «o que determina outra actitude fronte á vivencia do matrimonio». Tamén chaman a atención sobre as «familias-illas» consecuencia de distintos factores como o individualismo, o  emotivísimo, a cultura do  provisorio e do descarte que provocan, como sinala o papa Francisco, «analfabetos en acompañar, coidar e soster aos máis fráxiles e débiles».

Como resposta propoñen o marabilloso plan de Deus sobre a familia. «A profunda vivencia do misterio do Nadal, que celebramos cada ano, reanima a nosa esperanza», afirman os prelados. E engaden, «só cando as familias constrúan sobre a roca do amor poderán facer fronte ás adversidades. Non vale calquera material de construción nin calquera cimento. A roca sobre a que se debe cimentar a familia é Xesucristo».

Por iso, e en sintonía co lema da xornada, convidan a facer resoar o anuncio do Evanxeo da familia. «As familias, como igrexas domésticas, tamén deben converterse en discípulas misioneiras dese amor. Frecuentemente son quen está mellor situadas para ofrecer este primeiro anuncio, apoiar, fortalecer e animar a outras familias» que logo dará lugar á acollida e ao acompañamento «a cada unha e a todas as familias para que poidan descubrir a mellor maneira de superar as dificultades que se atopan no seu camiño».

Cartel diocesano para a Xornada da Sagrada Familia 2021

Mensaxe íntegra dos bispos para a Xornada da Sagrada Familia 2021

Subsidio Litúrxico da Xornada da Sagrada Familia 2021

Materiales para orar en familia da Xornada da Sagrada Familia 2021

Estampa da Xornada da Sagrada Familia 2021

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp