26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Proxecto Amor Conxugal e a parroquia de San Miguel de Oia organizan un retiro para matrimonios

Proxecto Amor Conxugal e a parroquia de San Miguel de Oia organizan un retiro para matrimonios

A próxima fin de semana —do venres 9 ao domingo 11 de xullo—, Proxecto Amor Conxugal de Tui-Vigo, en colaboración coa parroquia de San Miguel, organiza un retiro para matrimonios no Seminario Menor San Pelaio de Tui co obxectivo de achegarse xuntos á Verdade do Matrimonio (segundo  san Xoán Paulo II) e experimentar a Alegría do Amor (segundo o papa Francisco).

Este retiro vai dirixido a todos os matrimonios da diocese de Tui-Vigo que queren vivir unha experiencia de amor xuntos —estean en crise ou non— ou queiran fortalecer e reavivar a súa  sacramento do Matrimonio. A inscrición, que ten un custo de 280€, pode realizarse de maneira  on-line a través da seguinte ligazón.

O Proxecto Amor Conxugal, que nace na diocese de Málaga en 2002, expandiuse por multitude de dioceses de España, coa supervisión dos párrocos respectivos, os delegados de Pastoral Familiar e os bispos de cada territorio eclesial. Este método para matrimonios, baseado nas catequeses de  san Xoán Paulo II sobre o amor humano, traballa sobre tres piares —fe, formación e vida— para recuperar o plan de Deus para o matrimonio e a familia, o que iniciou desde a creación do home-muller, e alcanzar a santidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp