24 de Maio de 2024

,

María Auxiliadora
24 de Maio de 2024

,

María Auxiliadora

Santiago Vega, novo delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacra

Santiago Vega, novo delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacra

Con data do 20 de setembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, fixo público o nomeamento do novo delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacra: o sacerdote Santiago Vega, licenciado en Belas Artes, máster en Patrimonio Cultural da Igrexa e máster en Xestión do Patrimonio e Museoloxía. Santiago Vega colle o cargo tras o falecemento, o pasado mes de xuño, do anterior delegado, o sacerdote Andrés Fuertes Palomera.

Sobre Santiago Manuel Vega López

Natural da Rúa (Ourense), foi ordenado sacerdote en Vigo, no ano 1995. É licenciado en Belas Artes, máster en Patrimonio Cultural da Igrexa e máster en Xestión do Patrimonio e Museoloxía. Na actualidade, é párroco da parroquia da nosa Señora do Rocío de Vigo, desde o ano 2014; consiliario da delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo, desde 2016; e cóengo da catedral de Tui e director do Museo Catedralicio, desde 2017.

Anteriormente, Santiago Vega foi vicerreitor e formador do Seminario Maior «San José» de Vigo, delegado diocesano de Pastoral de Santuarios e do Turismo e profesor de Relixión do IES de Tomiño. Como párroco, exerceu o seu ministerio sacerdotal en Priegue , Chandebrito, Parada de Miñor  e Camos; como vigairo parroquial, tras a súa ordenación, en Tomiño e Freixeiro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp