12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Sonia, Eva, Pablo, Yomira, Maite e Josetxo, rostros da acción de la Iglesia en Galicia

Sonia, Eva, Pablo, Yomira, Maite e Josetxo, rostros da acción de la Iglesia en Galicia

Por primeira vez, as cinco dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela —Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense, Santiago e Tui-Vigo— uníronse para publicar a «Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia», correspondente ao ano 2022. A presentación, á que asistiron numerosas autoridades eclesiais, civís e militares, así como profesionais dos medios de comunicación, tivo lugar no Hotel Oca – Porta do Camiño, da cidade compostelá, o xoves 2 de maio.

Esta «Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia» mostra as cifras da acción pastoral, evanxelizadora, celebrativa, asistencial, educativa e cultural; unha acción que se traduce en nomes e rostros concretos. Nesta ocasión, as dioceses quixeron testemuñar o labor da institución eclesial a través de cinco persoas que, desde a súa realidade concreta, dan a coñecer o que é e fai a Igrexa.

Eva vela polo coidado da piedade popular como instrumento de evangelización

A piedade popular é outra forma de manifestar a fe en Xesucristo. A comunidade galega conta con 38 celebracións e festas relixiosas de interese turístico rexional e nacional. Desde o pasado ano 2023, o santuario de O Corpiño na diocese de Lugo celebra o Ano Xubilar. Eva, como membro da confraría da Virxe de O Corpiño, vela polo coidado da piedade popular como instrumento de evanxelización, desde o santuario lalinense.

Sonia ensínanos a diferenza entre ser mestra e ser profesora

Sonia, relixiosa mercedaria e mestra no colexio do Sagrado Corazón en Ferrol, é unha das 3.289 docentes que, durante o ano 2022, acompañou e formou a 50.856 alumnos nos 180 centros católicos concertados da comunidade autónoma.

Pablo é sacerdote no rural

En total, 1.200 sacerdotes exercen o seu ministerio nas 3.644 parroquias da provincia eclesiástica de Compostela; exemplo diso é Pablo, sacerdote da diocese de Ourense, que, formando equipo con outro presbítero, está a cargo da cura pastoral dunha Unidade de Atención  Parroquial na zona do Ribeiro. Xunto aos sacerdotes que se encargan de administrar os sacramentos, 3.486 catequistas acompañan a nenos e mozos no seu proceso de formación para recibir os tres sacramentos de iniciación cristiá —Bautismo, Comuñón e Confirmación—. Durante o ano 2022, celebráronse en Galicia: 8.756 bautizos, 4.980 confirmacións e 10.055 primeiras comuñóns.

Yomira conseguiu traballo gracias a Cáritas

Grazas a Cáritas na arquidiocese de Santiago, Yomira puido atopar un emprego, despois de emigrar desde Uruguai no medio da pandemia da Covid-19. Cáritas, a institución que desenvolve a acción caritativa e asistencial da Igrexa en Galicia, atendeu a 71.808 persoas, grazas ao labor dos profesionais contratados e a 4.645 voluntarios.  

Maite e Josetxo atoparon na Igrexa unha comunidade que os sostén

Hai máis de 20 anos, Maite e Josetxo responderon “si” á vocación matrimonial; unha vocación que, a pesar das dificultades, consolidouse grazas á Igrexa, que lles ofreceu unha rede de lazos  e unha comunidade que os sostén e os anima a camiñar sempre cara ao futuro. Agora eles son axentes de pastoral que acompañan a outros matrimonios novos que deciden comprometerse para toda a vida. En total, no ano 2022, celebráronse en Galicia 1.429 vodas católicas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp