28 de Maio de 2024

,

San Germán de París
28 de Maio de 2024

,

San Germán de París

A Pastoral Familiar convoca o II Encontro Diocesano de Familias

A Pastoral Familiar convoca o II Encontro Diocesano de Familias

O sábado 11 de maio de 11 a 18 horas, na parroquia de Santa Mariña de Cabral, a delegación diocesana de Pastoral Familiar organiza un Encontro Diocesano de Familias, co obxectivo de crear un espazo para conectar con diferentes realidades familiares da diocese de Tui-Vigo: solteiros, viúvos, matrimonios, axentes de Escolas de Familias e mocidade, entre outros, están convidados a participar neste encontro para poder compartir con outros a esperanza do amor familiar no medio das dificultades cotiás.  Ademais, durante este encontro a delegación de Pastoral Familiar dará a coñecer as diferentes propostas que, ao longo dos últimos meses, puxo en marcha no territorio eclesial. 

Esta delegación diocesana quixo promover a pastoral familiar seguindo as liñas marcadas polo papa Francisco na exhortación apostólica Amoris Laetitia. Así, impulsou catro liñas de acción crave neste ámbito da pastoral: a difusión do contido da exhortación; o encontro e a formación dos axentes de pastoral familiar, a través dos encontros «Construíndo Familia»; o acompañamento familiar; e a dinamización do Centro de Escoita diocesano.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp