28 de Maio de 2024

,

San Germán de París
28 de Maio de 2024

,

San Germán de París

Vox Stellae inaugura o XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera

Vox Stellae inaugura o XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera
Foto: Vox Stellae

O sábado27 de abril , ás 20 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, inaugúrase o XVI Ciclo de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera, a cargo do grupo Vox Stellae, que interpretará obras de arquivo da catedral de Tui e da catedral de Santiago de Compostela, dedicadas ao tempo litúrxico da Pascua.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito  concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras de músicos como Mozart, Chopin ou Hans Zimmer, entre outros. Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp