9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Os anciáns protagonistas da Xornada da Sagrada Familia

Os anciáns protagonistas da Xornada da Sagrada Familia

A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo celebra a Xornada da Sagrada Familia, que a Igrexa conmemora o vindeiro domingo, cunha vixilia de oración o sábado, 26 de decembro, ás 19:30 no templo parroquial de Santiago de Vigo. O bispo, Luís Quinteiro, presidirá a vixilia coa que se pretende revalorizar a acollida, a doazón e a entrega que caracterizan á familia de  Nazaret.

Desde a Subcomisión da Conferencia Episcopal Española para a Familia e a Defensa da Vida poñen a disposición os materiais que axudarán á preparación deste Xornada que este ano 2020 celébrase o 27 de decembro, baixo o lema «O anciáns tesouro da Igrexa e da sociedade».

Na nota publicada polos bispo da Subcomisión, se destaca a bagaxe de sabedoría, existente na tradición da Iglesia, que foi a base dunha cultura de proximidade aos anciáns, dunha disposición ao acompañamento afectuoso e solidario na parte final da vida.

Así, explican que os maiores «non son meros destinatarios da acción pastoral da Igrexa, senón suxeitos activos na  evanxelización»; algo que se fai palpable na familia, Igrexa doméstica, na que teñen a transcendental misión de transmitir o patrimonio da fe aos mozos, de ofrecerlles o necesario contacto coas súas raíces e coa sabedoría que dá a experiencia, de valorar o esencial para acoller, levantar e ofrecer esperanza aos nosos semellantes no medio das dificultades da vida. Os materiais poden descargarse a través das seguintes ligazóns.

MATERIAIS

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp