30 de Abril de 2024

,

San Pío V
30 de Abril de 2024

,

San Pío V

A parroquia do Sagrado Corazón acolle a celebración ecuménica

A parroquia do Sagrado Corazón acolle a celebración ecuménica
Foto: El obispo de Tui-Vigo junto a representantes anglicanos y evangélicos durante el acto ecuménico de 2021.

Do 18 ao 25 de xaneiro, a Iglesia celebra a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns.

O bispo de Tui-Vigo presidirá o acto organizado pola delegación diocesana de  Ecumenismo e Relacións  Interconfesionais.

O xoves 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, o templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en pleno centro da cidade olívica acolle a tradicional celebración  ecuménica que organiza a delegación de  Ecumenismo e Relacións  Interconfesionais da Diocese de Tui-Vigo, con motivo do  Octavario pola Unidade dos Cristiáns. O bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro  Fuiza presidirá o acto acompañado por representantes das diferentes realidades eclesiais —evanxélicos, anglicanos e ortodoxos—, o que constitúe unha oportunidade para crear unha maior unidade entre as diversas confesións.

No marco desta semana —unha cita que cada ano convoca o Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns e a Comisión Fe e Constitución do Consello  Ecuménico de Igrexas—, os bispos responsables de relacións  interconfesionais da Conferencia Episcopal Española  lanzaron unha mensaxe no que expresan: este ano «queremos poñer o acento no alcance universal do anuncio da salvación en Cristo e, por tanto, no carácter misioneiro dun  ecumenismo que non perda de vista o fin último da  evanxelización». E puntualizan, «a nova  evanxelización é tarefa de todos, e a misión require hoxe das Igrexas e Comunidades un traballo de conxunto».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp