26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Vinte e un mozos de Compañía de María reciben o sacramento da confirmación

Vinte e un mozos de Compañía de María reciben o sacramento da confirmación

Vinte e un mozos do colexio Compañía de María recibiron o  sacramento da confirmación o pasado venres, 2 de outubro. A celebración, que tivo lugar no salón de actos do centro educativo, foi presidida polo noso bispo, don Luís Quinteiro.

No medio da situación sanitaria que estamos a vivir, os mozos só puideron convidar a tres acompañantes neste momento tan especial do seu camiño de fe, entre os que se atopaba, como non podía ser doutro xeito, os seus padriños ou madriñas de confirmación.

O bispo, don Luís, exhortou aos mozos para escoitar a  l Espírito Santo, co que foron  signado. Tamén lles lembrou que están chamados a compartir a vida no medio dunha comunidade; que a fidelidade na fe non se realiza de maneira individual, senón no medio da humanidade, porque así son enviados por Deus.

Estes vinte e un mozos preparáronse durante o último ano para recibir este  sacramento, acompañados polas relixiosas do centro e o párroco, don Santiago Pérez. Lucas, Candela e  Javier, tres destes  confirmandos, destacan o vínculo de unión que crearon ao longo de todo este tempo de catequese co colexio, que se converteu na súa segunda casa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp