20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

A capela do Cristo da Agonía reabre as súas portas despois de tres anos

A capela do Cristo da Agonía reabre as súas portas despois de tres anos

O venres 15 de setembro, ás 19.30 horas, a capela do Cristo da Agonía no Porriño reabriu as súas portas, pechada debido aos danos causados polo esborralle dunha guindastre pluma, en marzo de 2020. Esta inauguración coincidiu co inicio da novena en honra ao Santísimo Cristo da Agonía, festas principais do Porriño, por iso o bispo de Tui-Vigo presidiu a eucaristía de inauguración, precedida dunha procesión coa imaxe do Cristo desde o templo parroquial de Santa María ata a capela.

Durante a súa intervención, o prelado tudense destacou que «esta capela ten un corazón especial nesta parroquia, porque é un referente» e engadiu que, «como reconstruímos esta capela, temos que recompoñer esta sociedade». Neste sentido, explicou que «a capela sempre será unha chamada a esa renovación, porque aí está Xesucristo crucificado. Nesta imaxe, habemos de mirar Xesús próximo. Cando temos problemas, dificultades, miramos a Xesús».

Mons. Luís Quinteiro, tamén, agradeceu o traballo da vigairía de Economía, das autoridades civís do Porriño e dos fieis. O párroco, Joaquín Estévez, expresou a súa gratitude a todas as persoas «que puxeron alma, corazón e vida na capela: abríndoa, limpándoa, poñéndolle as flores, etc.» e pediu «que non falte no futuro colaboradores que sintan a capela como algo que merece a pena coidar, abrir e ter dispoñible».

No marzo de 2020, a imaxe do Santísimo Cristo da Agonía do Porriño foi trasladada á igrexa parroquial de Santa María, o que permitiu que a devoción seguise viva, porque «a imaxe estaba era visible e visitable como cando estaba na capela. Nese sentido, non houbo diminución da devoción, pero si un gran desexo de que estivese na súa capela», explicou Joaquín Estévez no programa diocesano do Espello de Tui-Vigo. Desde o pasado venres, os fieis poderán orar con asiduidade de novo na capela do Cristo.

Reapertura de la capilla del Cristo de la Agonia | © Concello de Porriño
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en la capilla. Previamente, la imagen del Cristo procesionó desde el templo parroquial hasta la capilla
« de 18 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp