26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

A CEE publica un libro coas Ladaíñas na honra a san Xosé en latín, castelán, galego, catalán e éuscaro

A CEE publica un libro coas Ladaíñas na honra a san Xosé en latín, castelán, galego, catalán e éuscaro
Foto: Banco de imágenes gratuito © Cathopic.

Con motivo do Ano de san Xosé convocado polo papa Francisco en decembro de 2020, a Comisión Episcopal para a Liturxia da CEE acaba de publicar un libro coas Ladaíñas na honra a  san Xosé en latín, castelán e os tres idiomas cooficiais de España —galego, catalán e éuscaro—. A decisión responde á petición da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos  Sacramentos que, o pasado 1 de maio, considerou oportuno actualizar as Ladaíñas aprobadas en 1909 pola Sede  Apostólica, engadindo sete invocacións tomadas das intervencións dos papas que reflexionaron sobre algúns aspectos da figura do patrón da Igrexa universal.

As sete intencións engadidas e aprobadas polo papa Francisco son:

  • «Custos  Redemptoris» (cf.  san Xoán Paulo II,  exhort.  apost.  Redemptoris  custos).
  • «Serve Christi» (cf.  san Paulo VI, homilía do 19.III.1966, citada en  Redemptoris  custos,  n. 8 e  Patris  corde,  n. 1).
  • «Minister  salutis» ( san Xoán  Crisóstomo, citado en  Redemptoris  custos,  n. 8).
  • «Fulcimen  in  difficultatibus» (cf. Francisco, carta  apost.  Patris  corde, prólogo).
  • «Patrone  exsulum», «Patrone  afflictorum» e «Patrone  pauperum» (Patris  corde,  n. 5).

Tal e como explica, o presidente da Comisión Episcopal para a Liturxia e bispo de Ourense,  Mons. José Leonardo Lemos, “ás conferencias episcopais confíaselles a tarefa de traducir as Ladaíñas ás linguas da súa competencia e publicalas. Por iso, a Comisión Episcopal para a Liturxia procedeu non soamente á tradución das sete novas intencións, senón á tradución completa das Ladaíñas, xa que non había un texto oficial en español nin nas distintas linguas cooficiais”.

Na  CCLVI Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española, celebrada o 22 e o 23 de xuño do presente ano, os bispos aprobaron o texto das Ladaíñas na honra a san Xosé que traduciron do latín ao castelán e ás linguas cooficiais —galego, catalán e éuscaro—e que, ademais, recollen nun libro publicado en colaboración cos editorial Libros Litúrxicos, para a súa difusión e, especialmente, para o seu uso neste ano xosefino. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp