10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A Cruz de Lampedusa peregrinará desde Vigo a Baiona por mar

A Cruz de Lampedusa peregrinará desde Vigo a Baiona por mar

O Centro  Stella  Maris de Vigo, en colaboración con Salvamento Marítimo e a Autoridade Portuaria, programou o traslado por mar da Cruz de  Lampedusa desde o Porto de Vigo ao de Baiona, para sumarse así á homenaxe que esta Cruz peregrina renda ás vítimas da emigración que perderon a súa vida no mar.

Salvamento Marítimo, que posibilitou o rescate de tantas persoas, fará o percorrido levándoa a bordo dunha das súas embarcacións. O embarque, ao que asistirá o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, está previsto para as 10:30  hrs. no peirao da Laxe. Tras unha breve parada no porto de  Canido proseguirá a súa travesía a Baiona onde está prevista a súa chegada ás 13:00  h.

Stella  Maris quere solidarizarse de maneira especial cos acontecementos das últimas semanas, nos que miles de persoas arriscaron a súa vida cruzando a fronteira entre Marrocos e España.

A Cruz de  Lampedusa, construída no ano 2014 por Francesco  Tuccio con restos de barcas naufragadas fronte á illa italiana de  Lampedusa, converteuse nun símbolo do drama da migración. A súa peregrinación polo mundo pretende unha toma de conciencia sobre as causas e consecuencias da mobilidade humana, o achegamento a un problema global que afecta a todos, e a unión cos que participan e comprométense na súa solución.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp