27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz
27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz

A diocese de Tui-Vigo celebra a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

A diocese de Tui-Vigo celebra a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

Por primeira vez na historia, a Igrexa universal convoca a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores que na diocese de Tui-Vigo celebrarase no templo parroquial da nosa Señora do Rocío cunha eucaristía presidida polo bispo  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, o venres 23 de xullo, ás 20 horas.  A celebración será retransmitida en  streaming a través da canle de YouTube da diocese.

A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo, a través desta celebración, quere recoñecer o incansable labor das persoas maiores como vehículo de transmisión da cultura e da tradición na nosa sociedade. Ademais, o acto busca crear pontes que unan aos maiores cos mozos porque, tal e como manifesta o papa Francisco na seu  exhortación  apostólica,  Christus  Vivit, “se camiñamos xuntos, a mocidade e os anciáns, poderemos estar ben arraigados no  presente, e desde aquí frecuentar o pasado e o futuro: frecuentar o pasado, para aprender da historia e para sandar as feridas que ás veces nos condicionan; frecuentar o futuro, para alimentar o entusiasmo, facer  xermolar soños, suscitar profecías, facer  florecer esperanzas”.

O pasado 22 de xuño, o papa Francisco publicou a súa mensaxe para esta I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores que se celebra cada ano o cuarto domingo de xullo, próximo á festa litúrxica de santa Ana e  san Xoaquín, avós adoptivos de Xesús e pais da virxe María, que a Iglesia conmemora o 26 de xullo. O lema escollido para este ano, «Eu estou contigo todos os días», quere expresar a proximidade de Deus na vida de cada persoa maior. Tamén, na súa mensaxe con motivo da xornada, os bispos da Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española resaltaron a figura de Xesucristo como o amigo que nunca falla, o que sempre está presente nas nosas vidas.

Deste xeito, a Igrexa universal manifesta, por unha banda, o agradecemento a todas as persoas maiores que, durante máis dun ano, víronse afectadas pola pandemia, pero mantiveron a esperanza no medio da adversidade; e, por outra, a importancia deste colectivo como fonte de sabedoría e experiencia para a sociedade actual, especialmente, da comunidade eclesial da que forman parte de pleno dereito.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp