5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

Mans Unidas Galicia convoca a II Escola de Voluntariado

Mans Unidas Galicia convoca a II Escola de Voluntariado

Este domingo, 25 de xullo, termina o prazo para inscribirse na II Edición da Escola de Voluntariado organizada por Mans Unidas de Galicia —en colaboración coa deputación da Coruña e a Asociación  Raíña  Paraíso de Vilasantar—, que ofrece aos mozos un espazo para debater sobre os principais retos sociais e ambientais aos que se enfronta o planeta.

Os mozos e mozas de entre 18 e 35 anos interesados en participar no campamento de voluntariado para a sustentabilidade, que terá lugar nas instalacións da  Asociación  Raíña Paraíso de Vilasantar desde o 12 ao 15 de agosto, poden inscribirse a través da seguinte ligazón. O custo da inscrición é de 40€ e inclúe o aloxamento, a pensión completa e a contratación do seguro con posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar para quen o necesite.

Durante 4 días, os participantes formaranse nas novas necesidades, a Axenda 2030 das Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través dun programa de actividades vivenciais e formativas deseñadas para mellorar a comprensión da problemática mundial, participativo e que pretende fomentar o debate.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp