10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A diocese de Tui-Vigo organiza unha Xornada Vocacional para a mocidade

A diocese de Tui-Vigo organiza unha Xornada Vocacional para a mocidade

Como cada ano no mes de marzo no que a Igrexa, coincidindo coa solemnidade de san Xosé, celebra o Día do Seminario, a delegación de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo organiza a Xornada Vocacional baixo o lema «Te encontré» para mozos e mozas a partir de 14 anos. Nesta ocasión, será o sábado 16 de marzo, ás 10 horas, no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo.

A Xornada Vocacional quere ser un espazo de escoita e acompañamento no que mozos a partir de 14 anos poidan entrar nunha dinámica de discernimento que les axude a responder os grandes interrogantes da vida, especialmente, aqueles relacionados coa vocación. Para iso, están a organizarse diferentes talleres que levarán aos mozos para descubrir diferentes facetas da vida de Xesús.

Ángel Carnicero, delegado de Pastoral Vocacional, explica que «o mes de marzo sempre nos regala unha oportunidade para reflexionar sobre a vocación cristiá á que todos fomos chamados; unha vocación que para cada un de nós se colorea cunha modalidade especial». Ademais da xornada para a mocidade, o 23 de marzo, ás 10.30 horas, no Seminario Maior de Vigo, está previsto un encontro formativo para axentes de pastoral baixo o título «Vocacionalizar a pastoral diocesana».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp