20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

A familia da ANE celebra o seu 125.º aniversario

A familia da ANE celebra o seu 125.º aniversario

A Adoración Nocturna Española (ANE) celebrou o 125.º aniversario da súa presenza na diocese de Tui-Vigo cunha vixilia que, o 17 de xullo, ás 22 horas, presidiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, no templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita de Vigo. Ao termo da celebración, saíuse en procesión co sacramento da Eucaristía ata a praza de Miguel Ángel Blanco, onde o prelado bendixo a cidade olívica. Os adoradores e adoradoras da diocese de Tui-Vigo estiveron acompañados polo presidente nacional da ANE e por outras seccións de fóra da diocese que acudiron a festexar esta efeméride. 

Alberto Pérez, que leva só un ano como adorador no grupo da parroquia da nosa Señora do Rocío de Vigo, participou nesta vixilia como acólito, labor que desenvolve de maneira habitual na súa comunidade parroquial. Desde que lle convidaron a participar na Adoración Nocturna, descubriu unha forma de «estar máis preto de Xesucristo e de María Santísima» que, sen dúbida, recomenda a outras persoas porque «facemos cousas moi lindas e estamos conectados por unha mesma fe, nunha mesma devoción».

A esta efeméride, tamén acudiron veteranos da ANE como Enrique Caride que permaneceu 65 anos adorando a Eucaristía. Empezou na colexiata de Vigo e, máis tarde, trasladouse á quenda IV de Santiago de Vigo, do que forma parte na actualidade. Para Enrique, «a Adoración Nocturna é un retiro persoal, un encontro con Xesús. Para min, é necesario porque é unha revisión: ese momento de silencio, no que te coñeces a ti mesmo e dialogas co Señor». Enrique celebrou os 125 anos da ANE con gozo, porque «a Adoración Nocturna é unha familia, vaias onde vaias, sempre tes o teu sitio».A familia da ANE celebra o seu 125.º aniversario

125º aniversario de la Adoración Nocturna Española en la diócesis de Tui-Vigo

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta con aproximadamente 400 adoradores que se reúnen periodicamente para adorar o sacramento da Eucaristía, o que supón un total de 36 quendas de adoración repartidos por todo o territorio da diocese. Durante o ano 2022, algúns destes grupos estiveron de celebración, como é o caso da ANE do Porriño que cumpriu 100 anos desde a súa fundación ou a ANE de Ribadetea , que festexou as súas vodas de prata

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp