9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

A viaxe da «X»

A viaxe da «X»

Que sucede desde que marco a casa da Igrexa na miña declaración? Como chega o diñeiro ao seu destino? A viaxe da «X» presenta un percorrido con gran impacto social.

  1. Todo comeza contigo, cun sinxelo xesto que resulta transcendental. Sen «X», non hai viaxe. Marcar a «X» é unha decisión libre que non prexudica a ninguén e é absolutamente gratis, porque nin che cobran máis nin te devolven menos.
  2. A casa da Igrexa está no campo 105 e, ao marcala, aí destínase o 0,7% da cota íntegra da túa declaración. Tamén podes marcar, xusto debaixo, a casa de fins sociais. Se deixas en branco estas casas, é o Estado o que decide por ti.
  3. Repartición solidaria. A recadación da casa da Igrexa chega á Conferencia Episcopal Española, que a reparte por todo o territorio con mecanismos de solidariedade para que chegue ás zonas con menos recursos.
  4. Ao servizo dos demais. Son as propias dioceses as que poñen o diñeiro en funcionamento para soster o clero, anunciar a boa noticia do evanxeo, fomentar a vivencia da fe e desenvolver o inmenso labor asistencial da Igrexa en España e en todo o mundo.
  5. Axuda efectiva e afectiva. No ano 2022, máis de oito millóns e medio de persoas marcaron a casa da Igrexa, sumando 320 millóns de euros que permitiron axudar a millóns de persoas.
  6. A Igrexa agradece de corazón a todos aqueles que marcan a «X», con independencia das súas crenzas, porque, entre todos, logramos construír unha sociedade mellor. #SomosIglesia24Siete

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp