26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

A película «Lourdes» estréase en Vigo

A película «Lourdes» estréase en Vigo

Esta fin de semana, o Cinema Teatro Salesianos de Vigo proxecta a película-documental Lourdes na que os directores foron máis aló da fe, filmaron Lourdes como un lugar de interese antropolóxico no que acontecen historias conmovedoras, por que non, cheas de fe.

Para quen estea interesados en asistir, Cinema Teatro Salesianos pon ao dispor do público dúas sesións durante o sábado 17 e o domingo 18 de setembro: a primeira ás 17:00 e a segunda ás 19:30 horas. A venda de entradas, cuxo custo será de 5€, abrirá 30 minutos antes de cada función —tamén se poden comprar en liña a través da seguinte ligazón—. 

SINOPSE

A gruta de Lourdes é tocada por decenas de millóns de persoas que deixaron impregnada a pegada dos seus soños, das súas esperanzas e das súas penas.

A Lourdes chegan os fráxiles, os pobres. Este templo é un refuxio para os peregrinos que se ispen, no sentido literal da palabra, cando se meten nas piscinas cuxas augas son consideradas por moitos deles como milagrosas.

Os directores foron máis aló da fe, filmaron Lourdes como un lugar de interese antropolóxico no que acontecen historias conmovedoras, por que non, cheas de fe.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp