20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

Actos con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente

Actos con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente

Como cada ano, a iniciativa Iglesia polo Traballo Decente (ITD) —conformada por Cáritas, CONFER, Hoac, Xustiza e Paz, JEC, JOC e Rede Social Galicia— promove unha serie de actos para visibilizar a Xornada Mundial polo Traballo Decente, que se celebra o 7 de outubro baixo o lema «Un traballo decente ten que ser un traballo saudable».

O xoves 5 de outubro, ás 20 horas, no farol da rúa Príncipe, terá lugar a primeira convocatoria en colaboración cos Círculos de Silencio de Vigo. Durante a fin de semana, están previstas diversas celebracións litúrxicas: o sábado 7, ás 20 horas, na igrexa do Sacro Corazón de Jesús e na igrexa dos Apóstolos; e o domingo 8, ás 12.30 horas, na igrexa do Cristo da Vitoria.

Nesta Xornada Mundial do Traballo Decente, a iniciativa ITD pon o foco na importancia da seguridade nos lugares de traballo, «porque o traballo non pode considerarse un castigo para as persoas, senón, como di o papa Francisco, “o traballo é o que fai ao home semellante a Deus, porque co traballo o home é un creador, é capaz de crear”». Neste sentido, denuncian «a situación de precariedade de moitas persoas traballadoras do noso país», tal e mostra o aumento da sinistralidade no ámbito laboral, segundo expresan no manifesto publicado con motivo desta xornada.

Iglesia polo Traballo Decente está formada por diferentes institucións cristiás —Cáritas, CONFER, Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Xustiza e Paz, Mocidade Estudantil Católica (JEC) e Mocidade Obreira Cristiá (JOC)—, comprometidas, a través deste proxecto, a favorecer dinámicas de sensibilización, visibilización e denuncia acerca do traballo humano, á vez que anuncian o concepto de traballo decente  «cara ao interior das nosas organizacións, cara á Igrexa en xeral e cara á sociedade».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp