20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

Inauguración do Centro Teolóxico «San Xosé»

Inauguración do Centro Teolóxico «San Xosé»
Foto: Acto académico durante la inauguración del curso 2023-2024 del Centro Teológico «San José» de Vigo.

O mércores 27 de outubro, o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo inaugurou o novo curso académico 2023-2024, cun reto claro, tal e como expresou o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, durante a eucaristía na capela do Seminario Maior: «este centro de estudos foise adecuando ás circunstancias. Agora toma como tarefa, non só preparar aos nosos seminaristas, senón tamén aos nosos segrares e diáconos, acompañando a toda a diocese cunha formación adecuada no campo da Teoloxía».

O prelado tudense manifestou a importancia de afrontar con decisión este reto da formación teolóxica, no marco do Sínodo dos Bispos que o papa Francisco convocou para este mes de outubro e que, tal e como expresou Mons. Luís Quinteiro, «convídanos a traballar xuntos». Neste sentido, o bispo expresou que «a nosa diocese está chamada a vivir este reto [da formación teolóxica e a sinodalidade] e creo que o pode afrontar con solvencia, pero hai que abrirse, volver á nosa propia vocación para recuperar o estilo do Evanxeo».

Tras a celebración da eucaristía, deu comezo o acto académico no salón de actos do Seminario, co saúdo do director do Centro, Guillermo Juan, que expresou que «a Igrexa aposta hoxe, en obediencia ao Señor, pola prioridade da evanxelización e pola sinodalidade como estilo constitutivo do noso ser cristiáns. Non perderemos o norte, se a guía segue sendo Xesucristo e a novidade do evanxeo. O esencial, o que preserva da confusión, é o esencial, o que só a igrexa e ninguén máis pode dar: “doute  o que teño, en nome de Xesucristo Nazareno, levántate e anda”».

Despois da lectura da memoria do curso anterior realizada polo secretario do centro, Juan José González, o profesor Manuel Lage impartiu o relatorio «A obediencia do presbítero diocesano secular á luz do Canon 273». O acto finalizou cunha comida fraterna.

Inauguración del curso 2023-2024 en el Centro Teológico «San José» de Vigo | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en la capilla del Seminario Mayor.
« de 14 »

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp