1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús
1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús

«Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» inaugura o curso 2021-2022

«Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» inaugura o curso 2021-2022
Foto: Cristo Resucitado de Marko Rupnik.

O mércores 6 de outubro, ás 20 horas, «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» inaugurará o seu primeiro curso 2021-2022 no salón de actos do Seminario Maior San Xosé de Vigo.

A escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, toma impulso redefiníndose como unha Escola de Teoloxía, ministerios e servizos cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o  acolitado, o  lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.

O plan de estudos componse de 11 materias básicas de introdución á Teoloxía, repartidas en tres cursos e catro liñas específicas de formación:  Lectorado,  Acolitado, Catequese e Voluntariado. Cada unha destas materias constará de catro sesións formativas, que se impartirán de maneira quincenal os mércores de 20:00 a 21:45 horas, no Seminario Maior de Vigo.

Para axudar a profundar na fe da Igrexa, este plan de estudos basearase nun modelo básico, sistemático e integral de ensino xunto cunha metodoloxía participativa na que se combina o ensino  maxisterial do docente co traballo persoal do alumno. Deste xeito, fomentarase a profundización dos

interesados en participar nesta nova iniciativa formativa poden reservar praza antes do 6 de outubro a través do correo electrónico vicariopastoral@diocesetuivigo.org. A inscrición na Escola de Teoloxía, ministerios e servizos ten un custo individual de 30€.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp