27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz
27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz

Cáritas «tende a man» a través do seu Programa de acollida

Cáritas «tende a man» a través do seu Programa de acollida

A Xornada Mundial dos Pobres, convocada polo papa Francisco fai catro anos, busca conseguir que os pobres se convertan en protagonistas da acción social da Igrexa. O domingo 15 de novembro, celebrábase a IV Xornada baixo o lema «tende a túa man ao pobre», que na Diocese de Tui-Vigo maniféstase a través de diversas institucións públicas e eclesiais, como Cáritas.

A través do Programa de acollida, Cáritas de Tui-Vigo —entre a sede e as parroquias— conseguiu atender a 1.794 fogares desde xaneiro ata o 2 de novembro de 2020. Desde este programa específico, que conta con trece traballadores/as sociais —once mulleres e dous homes—, ofrécense itinerarios personalizados que pretende facilitar aos demandantes do servizo a axuda necesaria para saír da situación dificultade na que se atopan. «La ayuda económica vale mucho, pero a la gente hay que enseñarle a mantenerse por uno mismo sin necesidad de solicitar prestaciones », explica Bibiana Vilariño, coordinadora do programa desde 2014.

O Programa de acollida divídese en diversos proxectos coas que dar resposta ás solicitudes, cada vez máis crecentes, coas que se atopan na sede e nas Cáritas parroquiais: un proxecto de inclusión básica de atención aos participantes; un proxecto de igualdade; o programa de saúde, con axuda e acompañamento a domicilio; o programa de educación familiar; o programa de apoio psicolóxico; e un proxecto de asesoría xurídica. A maior parte destes programas están subvencionados pola Xunta de Galicia e outras entidades privadas.

A todos os proxectos desenvolvidos desde o Programa de acollida súmanse unha decena de proxectos dentro do Programa de emprego ou o Programa téxtil, entre outros.

Acollida e acompañamento

Só na sede, calcúlase que se atende unha media de 39 participantes ao día, nunha situación pouco habitual na que se viron obrigados a recortar o aforo. Cando chega unha persoa —por iniciativa propia, por algún coñecido, ou derivada de algunha administración pública— é acollida por un dos traballadores sociais, encargado de recoller a demanda e explicar o funcionamento de Cáritas. Unha vez arquivada a solicitude, outro membro do equipo encárgase de citar ao demandante e iniciar un proxecto personalizado. «Nosotros no entendemos ayudas únicas», declara Bibiana, senón que o obxectivo dos traballadores sociais é «ahondar en el problema para que al mes siguiente no tengan que acudir de nuevo».

Estes proxectos personalizados adoitaban tardar ao redor de tres ou catro meses en finalizarse. Desde fai dous anos, e dada a situación de crise motivada pola pandemia do COVID-19, os proxectos poden prolongarse ata seis ou doce meses. 

Perfil do participante

Segundo a coordinadora do Programa de acollida, o perfil dos usuarios variou no que vai de ano. Ao principio, tratábase de persoas en situacións de exclusión social ou precariedade.

Actualmente, na sede de Cáritas atópanse con usuarios cos que xa traballaran anteriormente. Trátase de persoas que conseguiran remontar, pero debido á situación socio-sanitaria acoden de novo ao Programa de acollida.

Por outra banda, cada vez máis, acoden persoas que, cunha situación máis ou menos normalizada, perderon o seu traballo por mor da pandemia, atópanse nun ERTE ou esgotaron as prestacións de desemprego ofrecidas polo  SEPE.

A estes perfís súmase o dos demandantes de asilo, persoas que buscan unha protección internacional que se lles denega. Neste caso, o grupo fórmano familias extensas que, #ante a denegación do asilo, atópanse nunha situación irregular e que, previamente á pandemia, subsistían coa hostalería, co porto ou con “traballo en  b”, que desapareceu. « Incluso el trabajo doméstico se ha reducido porque muchas personas se han quedado en paro o tienen miedo al contagio», explica a coordinadora do Programa de acollida.

Traballo en rede

Vilariño incide na importancia do traballo en rede coas diferentes institucións públicas e eclesiais no ámbito  caritativo. «La administración ha respondido durante la pandemia, no todo lo rápido y todo lo que debería, pero sí que ha respondido o las asociaciones no hubiésemos podido atender la demanda», explica Bibiana e engade que «trabajamos muy coordinados con los servicios sociales de Vigo que, cuando no podían conceder una ayuda, entraban en contacto con nosotros para tratar de cubrir las necesidades de mucha gente que acababa de llegar a la ciudad».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp