5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

Inmigración: Retos e desafíos

Inmigración: Retos e desafíos

Mércores 3 de DECEMBRO, a las 20 horas

CHARLA – COLOQUIO “INMIGRACIÓN: RETOS E DESAFÍOS”

CONFERENCIANTE:

Sergio Barciela Fernández

Equipo Migraciones / Cáritas Española

Moderador:

Silvia Costas

(aforo limitado a 30 personas por restriccións Covid-19)

O fenómeno migratorio converteuse nos últimos anos nun asunto de primeira orde na axenda e no debate a nivel internacional, tanto para os gobernos como para a sociedade civil e os organismos internacionais. Neste sentido, o relatorio do 03 de decembro, abordará os desafíos aos que se enfronta o noso país para atopar un equilibrio entre a adecuada protección dos dereitos humanos da poboación migrante e a necesidade de ordenar e regular os fluxos migratorios. Así, coñeceremos como a chegada de persoas migrantes está a resultar positiva para España, dado que están contribúen ao equilibrio da pirámide poboacional e ao crecemento económico, debido a que están en idade de traballar e incentivan o consumo. A emerxencia sanitaria e social creada no noso país polo impacto da pandemia obrigou a toda a rede estatal de Cáritas, a redobrar as súas accións de acompañamento ás persoas en situación máis precaria para dar resposta ás súas necesidades básicas. Neste sentido, Cáritas expón unhas propostas envorcadas nas persoas migrantes máis vulnerables, para flexibilizar as condicións e criterios de renovación, modificación e prórroga das autorizacións de residencia e/ou traballo da vixente lexislación de estranxeiría para impedir a irregularidade sobrevinda. O Papa Francisco apoia unha visión da migración máis humana. Ao seu xuízo, a diversidade cultural permitirá dar a luz a sociedades moito máis ricas e plurais, propias do século XXI e capaces de loitar contra a creación de espazos de marxinación e exclusión.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp