29 de Febreiro de 2024

,

San Rufino
29 de Febreiro de 2024

,

San Rufino

Comeza o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria

Comeza o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria

Ocupará a sagrada cátedra o xuíz auditor da Rota da Nunciatura Apostólica de Madrid, Mons. Jesús Rodríguez Torrente

A cerimonia de imposición de medallas aos novos confrades terá lugar ao comezo da novena

O venres 28 de xullo dará comezo o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo. Cada día, a misa das 12h00 será oficiada por un párroco diferente da zona centro da cidade. Polas tardes, os cultos comezarán ás 19:30horas e, ás 20 horas, predicará a novena o xuíz auditor da Rota da Nunciatura Apostólica de Madrid e coordinador responsable da Oficina de Protección do Menor na Conferencia Episcopal Española, Mons. Jesús Rodríguez.

Todas as misas do novenario poderanse seguir por webcam a través de www.cristodevigo.es.

Imposición de medallas

A cerimonia de imposición de medallas aos novos confrades terá lugar o día 28 de xullo, ás 20 horas, coincidindo así co comezo do solemne novenario. O número de confrades novos alcanza este ano cifras históricas, superando en gran número as incorporacións de anos anteriores.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Diptico-2023_Pa%CC%81gina_2baja-1024x724.jpg



Facebook
Twitter
Email
WhatsApp