9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Tui acolle a 1.200 mozos e mozas de Xetafe que se preparan para a JMJ

Tui acolle a 1.200 mozos e mozas de Xetafe que se preparan para a JMJ
FOTO: Encuentro preparatorio con los responsables de grupo | © Diocesis de Getafe

Do 28 ao 30 de xullo, a cidade de Tui acollerá a 1.200 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos da diocese de Xetafe que se prepararán para a Xornada Mundial da Mocidade (JMJ),que terá lugar en Lisboa do 1 ao 6 de agosto e que contará coa asistencia do papa Francisco. A delegación de Mocidade de Xetafe quere ofrecer a mocidade a experiencia dun «gran encontro diocesano», que sexa «momento de facer equipo, facer familia, de ser unha gran piña». Durante estes días de preparación previos á JMJ, a mocidade estará acompañada polo seu bispo, Mons. Ginés García

Este grupo da diocese de Xetafe aloxaranse no colexio Santa María da congregación dos Irmáns Maristas, onde a delegación de diocesana de Mocidade organizou un amplo abanico de actividades para gozar de espazos de formación, oración e lecer: 16 talleres impartidos por expertos para profundar na fe e en diversos temas de actualidade —como o suicidio, a bioética, a sexualidade, novas formas de evanxelización ou os medios de comunicación—; 8 conferencias plenarias e de libre elección, impartidas por sacerdotes, movementos, mozos, etc.; concertos de música en directo pola noite; e espazos para coñecer as distintas realidades e a riqueza da Igrexa local de Xetafe. Ademais, o sábado 29 de xullo, ás 10.30 horas, está previsto que Mons. Ginés García imparta unha catequese para todos os rexistrados.

Durante estes días, a delegación de Pastoral Xuvenil tamén aproveitará para facer unha visita cultural por Tui e polos lugares de aparición da virxe María a sor Lucía, a vidente de Fátima, na cidade tudense.

O 31 de xullo, estes 1.200 mozos poñerán rumbo a Lisboa para participar no «Encontro de españois», que organiza a Conferencia Episcopal Española e que contará coa asistencia de 37.375 mozos de 67 diocese de España, de 32 congregacións relixiosas e de 11 movementos de ámbito nacional e internacional. Do 1 ao 6 de agosto, sumaranse ás actividades propostas polo Comité Organizador da JMJ en Lisboa.

FOTO: Encuentro preparatorio con jóvenes en el Cerro de los Ángeles | © Diócesis de Getafe
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp