26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Comunicado conxunto de Stella Maris e a HOAC da diocese de Tui-Vigo

Comunicado conxunto de Stella Maris e a HOAC da diocese de Tui-Vigo
Foto: Imagen de la Virgen del Carmen en el templo parroquial de San Francisco en Vigo.

Con motivo da celebración da festa da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, e co Día das Xentes do Mar, que promove a Igrexa católica en todo o mundo, a delegación diocesana de Stella Maris e a Irmandade de Obreiros de Acción Católica (HOAC) fan público un comunicado conxunto para visibilizar a crueza do traballo no mar. Reproducimos a continuación o comunicado:

Comunicado conxunto con motivo do día da Virxe do Carme e as Xentes do Mar

Neste día adicado ó mar e a súa patroa a Virxe do Carme, Stella Maris (Centro de Mariños) e a HOAC-IOAC (Irmandade de Obreiros de Acción Católica) da Diocese de Tui-Vigo, queremos lembrar a todos os mariños falecidos no desenvolvemento do seu traballo no mar durante este ano 2022.

Queremos acompañar a súas familias na súa dor, en especial ás das vítimas do pesqueiro “Villa de Pitanxo”. Apoiámolas solidariamente na demanda de xustiza para que desta traxedia saian solucións que eviten novos falecementos, se corrixan erros, e as vidas humanas prevalezan sempre sobre o valor das capturas de peixe.

Facemos un chamamento ás administracións públicas, nacionais e internacionais do ámbito marítimo-pesqueiro, para que, traballando na mellora dos diferentes niveis de regulación e de toma de decisións, sexa posible un desenvolvemento social e económico sostible. Pedímoslles que manteñan o compromiso na mellora das condicións de vida e de traballo no mar. En palabras do Papa Francisco que: “Sigan comprometidos agora máis que nunca no compromiso Cristián co mundo do traballo, sobre todo coas persoas traballadoras máis empobrecidas e excluídas”.

Non queremos esquecer as numerosas vítimas que a guerra de Ucraína está a deixar no Mar Negro e no Mar de Azov, e unímonos á quenes traballan en favor da fraternidade e o diálogo, polo camiño da paz.

Facemos un chamamento a prol dos máis dun millón de mariños da frota comercial que están a desenvolver un labor esencial para a economía mundial, para que o temor ao contaxio por Covid19 non restrinxa o seu dereito a desembarcar e descansar en terra firme.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp