A vigairía xeral e a delegación para o Diaconado Permanente ofrecen uns cursos de formación teolóxico-pastoral para aspirantes ao diaconado permanente co obxectivo de ofrecer un coñecemento sistemático das disciplinas que configuran a teoloxía católica, co que capacitar para dar razón da fe e crear unha forte conciencia eclesial ou preparar para realizar unha adecuada inculturación do Evanxeo, entre outros obxectivos específicos.
O plan de estudos deste curso de formación componse dun total de 21 materias, impartidas durante tres anos, cun valor académico de 12 ECTS anuais, entre as que destacan: Antropoloxía Teolóxica, Historia da Iglesia, Pastoral Fundamental, Teoloxía Moral da Persoa ou Doutrina Social, entre outras.
Desde o 26 de setembro ata o 30 de maio, os aspirantes ao diaconado permanente recibirán clases luns e martes en horario de 19:30 a 21:20 horas, no Centro Teolóxico «San José» de Vigo. Para máis información poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: itsanxose@diocesetuivigo.org.