26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Dixitalización de protocolos de gran valor histórico

Dixitalización de protocolos de gran valor histórico
Foto: Texto antiguo de la catedral de Tui durante el proceso de digitalización

O Arquivo Capitular de Tui dixitaliza os seus protocolos notariais dos séculos XIV E XVIII

O Arquivo Capitular da catedral de Tui realizou un proceso de dixitalización de 402 anos de historia. Dixitalizáronse os protocolos notariais dos escribanos da cidade comprendidos entre o ano 1323 ata 1725, capturáronse máis de 135.000 imaxes, estando dispoñibles en Arquivo Dixital de Galicia.

Este proxecto foi posible grazas á subvención recibida para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade da preservación e difusión a través de Galiciana Patrimonio Dixital de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Os procesos foron realizados por un equipo técnico de arquiveiros e documentalistas desprazado ata a propia catedral de Tui. A empresa Severiano Servizo Móbil foi a encargada de executar este proxecto, para o que tivo que levar a cabo unha manipulación e consolidación dos protocolos notariais e, doutra banda, unha captura dixital das imaxes cun escáner cenital especial para este tipo de documentación histórica. Coa finalidade da súa publicación no Arquivo Dixital de Galicia (GALICIANA) a empresa converteu as imaxes obtidas en diferentes ficheiros, asignando metadatos que facilitan a procura dos diversos documentos notariais. Todo o proxecto desenvolveuse segundo os requirimentos establecidos pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Con este proxecto o Arquivo Capitular pon ao dispor de toda a sociedade o acceso a un fondo de gran valor histórico e patrimonial.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp