5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

En diferido, o acto de presentación da «Memoria Económica e de Actividades de la Iglesia en Galicia»

En diferido, o acto de presentación da «Memoria Económica e de Actividades de la Iglesia en Galicia»

Xa se publicou a gravación do acto de presentación da «Memoria Económica e de Actividades da Igrexa en Galicia» durante o ano 2022, que tivo lugar no Hotel  Oca – Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, o xoves 2 de maio de 2024. Ao acto asistiron, ademais dos prelados da provincia eclesiástica —Mons. Francisco José Prieto, de Compostela; Mons. Fernando Cadiñanos, de Mondoñedo-Ferrol; Mons. Alfonso Carrasco, de Lugo; Mons. Leonardo Lemos, de Ourense; e Mons. Luís Quinteiro, de Tui-Vigo—, numerosas autoridades eclesiais e civís, así como profesionais dos medios de comunicación de Galicia.

Esta presentación foi froito do traballo conxunto das cinco dioceses galegas que, nun exercicio de transparencia, quixeron dar conta do labor que a Igrexa católica desenvolveu na comunidade autónoma, durante o ano 2022. Ao mesmo tempo, os bispos puxeron en valor o tempo, as calidades, a oración e o apoio económico de todas esas persoas que contribúen ao desenvolvemento do labor da Igrexa en Galicia; nesta liña, na mensaxe introdutoria á «Memoria Económica e de Actividades» expresan o seu agradecemento «por esa historia de fe na nosa terra, que fixo posible tanta vida e xerou tanta esperanza ao noso arredor. E damos grazas tamén a tantas persoas concretas que fixeron vida a súa fe».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp