26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Lume e auga para escoitar, crer, vivir e transmitir a fe na Resurrección

Lume e auga para escoitar, crer, vivir e transmitir a fe na Resurrección
Foto: El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la vigilia Pascual en la concatedral-basílica de Santa María de Vigo

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a Vixilia Pascual na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, ás 22 horas do sábado 8 de abril.

O Lucernario marca o comezo da vixilia Pascual —«a nai de todas as Santas Vixilias», tal e como o expresou santo Agostiño—. A través deste rito que tivo lugar no atrio da concatedral-basílica, o bispo de Tui-Vigo, rodeado de fieis e curiosos transeúntes, bendixo o lume co que se acendeu o cirio pascual, símbolo da resurrección de Xesucristo de quen brota a luz da fe, para os cristiáns. A chama do cirio foi pasando de man en man ata acender as velas de todos os fieis que, en tebras, accederon procesionando á colexiata de Santa María para celebrar con gozo a Pascua.

Unha vez dentro, terminada a procesión e co cirio pascual no altar, acendéronse as luces do templo. Nese momento, o párroco de Santa María, José Vidal, entoou o pregón pascual. Só cando finalizou, puidéronse apagar as velas para dar comezo á liturxia da Palabra que, nesta vixilia Pascual, consta de 1 6 lecturas —7 textos e 7 salmos do Antigo Testamento e 2 lecturas do Novo, entre elas, o Evanxeo— que mostran a alianza perenne de Deus co pobo de Israel, desde o comezo da creación ata a encarnación de Cristo.

Tras a proclamación do Evanxeo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, manifestou que «a Igrexa nos convida a celebrar esa gran noite servíndonos do lume e da auga, símbolos da vida. Non temos outras palabras nin outros razoamentos. Son estes símbolos que celebramos xuntos os que nos convidan a escoitar, crer, vivir e transmitir a nosa fe na Resurrección». O prelado tamén exhortou ao pobo de Deus alí congregado a ser testemuña de «esta vida nova que nace en Cristo e que se manifesta na nosa propia existencia. Non apaguemos a Vida na nosa vida. Vivamos en plenitude. Os cristiáns temos que transmitir unha fe profunda na vida, porque Xesucristo resucitado é a vida do mundo». 

Tal e como anticipara Mons. Luís Quinteiro, finalizada a súa intervención, deu comezo a liturxia bautismal, coa que se renovaron  as promesas bautismais e o bispo procedeu á aspersión da auga bendita. A celebración continuou coa liturxia eucarística, inmersos xa no tempo pascual co que a Igrexa conmemora os diferentes encontros de Xesús  resucitado cos seus discípulos para manifestar e lembrar que, na actualidade, o pobo cristián está chamado a testemuñar a nova vida en Cristo.

Vigilia Pascual 2023

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp