27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz
27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz

Materiais para a II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

Materiais para a II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
«En la vejez seguirán dando fruto» es el lema escogido por el papa Francisco.

Para celebrar a II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo pon ao dispor de todas as parroquias o subsidio litúrxico da eucaristía xunto cos materiais editados polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida —que inclúe un cartel, unha catequese e a oración desta II Xornada—.

«Na vellez seguirán dando froito» é o lema escollido polo papa Francisco para esta II Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores na que, a través da mensaxe publicada para a ocasión, lembra a todos os avós/as e as persoas maiores que “neste mundo noso estamos chamados a ser artífices da tenrura. Fagámolo, aprendendo a utilizar cada vez máis e mellor o instrumento máis valioso que temos, e que é o máis apropiado para a nosa idade: o da oración”.

A celebración diocesana, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, terá lugar no templo parroquial de Santa María de Baiona, o vindeiro martes, 26 de xullo, ás 20 horas. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp