20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

Migrantes de 9 países uníronse camiñando pola paz

Migrantes de 9 países uníronse camiñando pola paz

Preto de 40 persoas uníronse á Camiñada de Hospitalidade organizada pola ONG xesuíta, Entreculturas, —que se enmarca dentro do proxecto Camiños pola Paz— o sábado, 24 de xuño, desde o colexio Santiago Apóstolo ata o parque A Riouxa  de Teis . Entre os participantes, uníronse persoas de 9  nacionalidades distintas que, na actualidade, residen na cidade de Vigo tras abandonar os seus países de orixe —Siria, Ucraína, Kenya, Haití, Honduras, Perú, Paraguai, O Salvador e Colombia—.

Nesta camiñada solidaria e intercultural, a ONG xesuíta, Entreculturas, contou co apoio doutras organizacións sociais que traballan con persoas migrantes e refuxiadas, colectivos estranxeiros de Vigo e cidadanía en xeral que se sumou a este momento de encontro. Tras a camiñada, leuse o manifesto creado pola iniciativa Camiños de Paz —que integra diferentes organizacións vinculadas á Compañía de Xesús como Entreculturas—, no que expresan 10 demandas «aos e as representantes das institucións da Unión Europea para que garantan o cumprimento dos dereitos humanos das persoas que se ven forzadas a buscar refuxio lonxe dos seus fogares».

Sobre a iniciativa Camiños pola Paz

Camiños pola Paz é unha homenaxe a todas as persoas que foxen do horror da guerra e da violencia, e que deben camiñar para poñer a salvo a súa vida. Ten a súa orixe no legado do padre Frans Van der Lugt, xesuíta que morreu no asedio de Homs en 2014, tras levar case 50 anos vivindo en Siria, onde fundara unha granxa e centro comunitario nos arredores da cidade. O padre Frans Van der Lugt era moi querido na súa comunidade e recoñecido polas súas camiñadas anuais de varios de duración polo monte con mozos de todas as crenzas relixiosas e orixes.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp