18 de Maio de 2024

,

San Juan I
18 de Maio de 2024

,

San Juan I

O bispo de Tui-Vigo clausura o retiro para matrimonios organizado pola parroquia de San Miguel de Oia

O bispo de Tui-Vigo clausura o retiro para matrimonios organizado pola parroquia de San Miguel de Oia

O domingo 8 de outubro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, asistiu á eucaristía de clausura do retiro para matrimonios baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre a Teoloxía do Corpo e organizado pola parroquia de San Miguel de Oia  xunto a Proxecto Amor Conxugal, no colexio maristas Santa María de Tui.

Este retiro, que se realiza na diocese de Tui-Vigo por cuarta vez, contou coa participación de 27 matrimonios de diferentes puntos da península ibérica: Pamplona, A Coruña, Camariñas, Coristanco, Boiro, Madrid, Oviedo, Gondomar, Vigo, Oia, Santiago e Lisboa.

Sobre Proxecto Amor Conxugal

É un método para matrimonio que nace en agosto de 2022, composto por matrimonios católicos que queren profundar na súa vocación conxugal, cun espírito misioneiro. Con carácter diocesano en Málaga, estendeuse a diversas dioceses de España, coa supervisión dos párrocos respectivos, delgados Pastoral Familiar e bispos de cada dioceses.

Está baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre o amor humano e consiste en traballar sobre tres piares —fe, formación e vida— para recuperar o plan de Dios para o matrimonio e a familia, o que iniciou desde a creación do home-muller, e que ten como obxectivo a santidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp