20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

O bispo de Tui-Vigo clausura os exercicios espirituais para sacerdotes

O bispo de Tui-Vigo clausura os exercicios espirituais para sacerdotes

Do 1 ao 5 de outubro, a Vigairía para o Clero organizou unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes, dirixidos polo bispo emérito da diocese de Riobamba (Ecuador), Mons. Julio Parrilla, na casa de espiritualidade de Santa María do Mar en Dorrón . O venres, ás 13 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, clausurou esta quenda de exercicios na que participaron unha quincena de presbíteros.

Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo». 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp