20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

Ágora, un encontro coa fe para segrares

Ágora, un encontro coa fe para segrares
Foto: Alumna de Ágora recogiendo el diploma durante el acto de inauguración del curso 2023-2024

O mércores 4 de outubro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, inaugurou o terceiro curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», un espazo para segares interesados en profundar en coñecementos teolóxicos que o prelado cualificou como «unha porta marabillosa para facer da vosa vida un momento fantástico de encontro coa fe». Durante este acto de inauguración, ademais de presentar o programa formativo deste novo curso, o bispo entregou aos alumnos os diplomas acreditativos do curso anterior.

Durante a súa intervención, Mons. Luís Quinteiro manifestou que «unha persoa crente que goza da Teoloxía descobre un dos praceres íntimos da vida», porque o coñecemento teolóxico «toca a reflexión profunda de todo o que acontece na vida». Neste sentido, insistiu en non desaproveitar a oportunidade que a diocese, a través do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo, ofrece con Ágora e pediu aos profesores «que vos abran a achegar camiños e abrir horizontes novos».

Pola súa banda, o vigairo de Pastoral, José Vidal, destacou a importancia de ,máis aló da formación teolóxica recibida, «xerar un grupo de persoas —de fieis laicos cristiáns comprometidos e interesados na Teoloxía— que pensen a fe desde as claves teolóxicas», porque, ademais da vivencia particular da fe, este achegamento «pode ser un servizo para as comunidades nas que estamos a colaborar». Tamén aproveitou a ocasión para agradecer, «primeiro, o servizo que xa realizades nas vosas comunidades e, segundo, o tempo dedicado en profundar no coñecemento teolóxico».

En 2021, a escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, toma impulso redefiníndose como unha Escola de Teoloxía, ministerios e servizos cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.

Inauguración de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» 2023-2024 | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo acudió a la inauguración del nuevo curso 2023-2024 de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios», en la que se entregaron los diplomas del curso anterior
« de 41 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp