9 de Maio de 2024

,

San Isaías
9 de Maio de 2024

,

San Isaías

O Concello de Tui organiza unhas xornadas sobre Rosendo Salvado

O Concello de Tui organiza unhas xornadas sobre Rosendo Salvado

Do 28 de febreiro ao 1 de marzo, o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado 2024, co obxectivo de continuar a divulgación da vida e obra deste frade beneditino, natural de Tui, que viaxou a Australia, como misioneiro. Ademais das conferencias programadas, o 1 de marzo, haberá unha visita guiada polas rúas da cidade.

O mércores, 28 de febreiro, organizarase a mesa redonda «Rosendo Salvado nos libros» que contará a presenza de Albino Prada, profesor da Universidade de Vigo, e Héctor Cajaraville, autor da novena Nova Nursia (2018). Ao día seguinte, xoves 29 de febreiro, Francisco Díaz-Fierros, membro do Consello da Cultura Galega   , impartirá a conferencia «Ciencia, técnica e cultura na obra de frei Rosendo Salvado». Ambas as xornadas darán comezo ás 20 horas, na sala Félix Rodríguez González.

Finalmente, coincidindo co CXX aniversario do nacemento de Rosendo Salvado, o venres 1 de marzo, haberá unha visita guiada que dará comezo ás 17:30 horas na praza de San Fernando e finalizará, ás 19 horas, na casa natal de Rosendo Salvado coa colocación dun ramo de loureiro. O percorrido inclúe unha visita ao Arquivo da Catedral de Tui.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp