26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Presentamos un podcast para «Crecer coa Fratelli Tutti»

Presentamos un podcast para «Crecer coa Fratelli Tutti»

A Vigairía de Pastoral e a delegación de Medios de Comunicación Social promoven un podcast para visibilizar e profundar na carta  encíclica do papa Francisco.

A partir do mércores 17 de febreiro, coincidindo a imposición da cinza que inaugura o tempo de Coresma, estará dispoñible o podcast «Crecer coa Fratelli  Tutti», unha iniciativa que busca promover a lectura da carta  encíclica do papa Francisco publicada en outubro de 2020, coa que reflexionar achega do diálogo, a fraternidade e a amizade social.

A partir do Mércores de Cinza e ata o Domingo de Ramos, publicarase un episodio diario que conterá unha breve lectura da carta e unha reflexión persoal que, no seu conxunto, non superará os cinco minutos de duración.

O proxecto conta coa participación de máis de 40 persoas, sacerdotes e laicos, da Diocese de Tui-Vigo representando diferentes realidades eclesiais —Pastoral Familiar, Pastoral Xuvenil e Universitaria, Mans Unidas, Cáritas, comunidades relixiosas e parroquiais, entre outras— que queren axudar a todo o pobo de Deus a profundar en carta  encíclica desde unha aplicación práctica do a vida cotiá.

Desde a Vigairía de Pastoral e a delegación de Medios quíxose acoller a diversidade de linguas faladas na comunidade autónoma polo que a produción do podcast realizouse 50% en galego e 50% en castelán.

Os interesados en seguir este itinerario de coresma poderán facelo a través das seguintes plataformas:  Spotify, Google Podcast ou a través da sección de recursos da web diocesana. Tamén podes acceder ao grupo de  whatsapp no que difundirá cada día este podcast para que non te quedes sen esta pílula diaria creada para «Crecer coa Fratelli  Tutti». Hoxe xa está dispoñible o episodio piloto que trata de profundar nos 8 primeiros puntos da  encíclica da man do bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, que cualifica o documento como un «un gran escrito sobre a Doutrina Social da Igrexa».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp