O vindeiro domingo, 19 de xuño, a Igrexa celebra a solemnidade de Corpus Christi, é dicir segundo a doutrina católica a festa da presenza real do Corpo e o Sangue de Cristo na eucaristía. Na diocese de Tui-Vigo, o bispo Mons. Luís Qiuinteiro presidirá a misa solemne ás 11 horas na catedral tudense e ás 20 horas na concatedral-basílica de Vigo seguidas, en ambos casos, da tradicional procesión polas rúas da cidade.
Desde a Chancelería diocesana convidaron a toda a comunidade eclesial —sacerdotes, membros de comunidades relixiosas, asociacións eucarísticas, confrarías e fieis en xeral— a participar na eucaristía e procesión que levará a cabo na cidade de Vigo polas seguintes rúas: Praza da Iglesia, Palma, Gamboa, Vitoria, Praza Compostela, García Olloqui, Vitoria, Gamboa, Palma e de regreso a Praza da Igrexa
Nesta festa do Corpo e o Sangue de Cristo, rememórase que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente no pan e o viño consagrado; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día tamén celebra a Igrexa o “Día da Caridade”, por iso os bispos responsables de Acción Caritativa e Social da CEE, na súa mensaxe para esta xornada, lembran que “non podemos celebrar a solemnidade do Corpus Christi, memorial de encontro e entrega de Cristo, sen vivir e experimentar a profunda e inseparable unidade entre a fe e a vida; a unidade entre a Eucaristía e a caridade”.