27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz
27 de Abril de 2024

,

San Rafael Arnaiz

A Diocese retransmitirá os Oficios de Semana Santa presididos polo bispo

A Diocese retransmitirá os Oficios de Semana Santa presididos polo bispo

A Vigairía Xeral acaba de publicar unha nota con indicacións para vivir a Semana Santa no medio da pandemia actual.

Os medios audiovisuais poden facilitar a unión dos fieis mediante da comuñón espiritual no medio das circunstancias restritivas xeradas polo coronavirus —redución de aforo nos templos, distanciamento social ou restricións de mobilidade, entre outros—. Na nota publicada o pasado 8 de febreiro, a Vigairía Xeral de Tui-Vigo recomenda difundir os horarios dos ritos de Semana Santa celebrados polo papa Francisco, que serán retransmitidos en directo por TRECE e a 2 de TVE, ou os oficios presididos polo bispo, Luís Quinteiro Fiuza, que serán retransmitidos a través da canle de Youtube da Diocese. 

Entre as suxestións comunicadas pola Vigairía Xeral, atópase de maneira permanente a invitación a unha participación viva na liturxia, especialmente, durante o  Triduo Pascual, uníndose en oración  fraterna con todos os afectados pola crise do coronavirus, que instaurou o estado máximo de alerta na comunidade de Galicia, polo menos, ata o vindeiro mércores 17 de febreiro.

Desde a Diocese, a través da Vigairía Xeral, lémbrase a importancia de cumprir a normativa sanitaria vixente nese momento, entre as que se prohibe o uso de auga bendita, así como tocar ou bicar obxectos de devoción. Neste sentido, a nota publicada especifica que «as circunstancias actuais, e as que se poden prever para o mes de abril, fan imposible a realización de actos de culto no exterior dos templos».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp