12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal
12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal

«Somos o que damos. Somos amor», lema do Día de Caridade 2022

«Somos o que damos. Somos amor», lema do Día de Caridade 2022
Foto: «Somos lo que damos. Somos amor» es el lema escogido por Cáritas para el Día de Caridad 2022.

O vindeiro domingo 19 de xuño, solemnidade de Corpus Christi, a Iglesia celebra o Día de Caridade, baixo o lema «Somos o que damos. Somos amor» para celebrar “que o amor é o único que dá sentido á nosa existencia humana e que orientar os nosos anhelos e o noso propósito na vida desde o aprender a amar e o deixarnos amar polos demais”, así o explicaron desde Cáritas Española a través dos materiais orientadores da campaña.

Desde Cáritas diocesana de Tui-Vigo, poñen ao dispor de todas as parroquias, movementos e asociacións os materiais formativos, así como o cartel gráfico e o subsidio litúrxico para a celebración da eucaristía do Corpus Christi. Ademais destes materiais, o vindeiro luns, 13 de xuño, ás 10 horas, na Confederación de Empresarios de Vigo, Cáritas de Tui-Vigo presentará, en rolda de prensa, a memoria de actividades 2021 e o programa de actos para a Semana de Caridade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp