26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Stella Maris organiza un torneo do Nadal de fútbol sala para mariñeiros

Stella Maris organiza un torneo do Nadal de fútbol sala para mariñeiros

Aínda inmersos no Mundial de fútbol, pero coa selección española fose de xogo, o vindeiro domingo, 18 de decembro, de 9 a 14 horas, no pavillón do Berbés a delegación diocesana de Stella Maris organiza un torneo de fútbol sala para traballadores do sector marítimo. O obxectivo é conseguir mesturar tripulantes con traballadores do porto, a través dunha actividade divertida que ofreza un pouco de lecer aos mariñeiros que, durante estas datas permanecen na cidade de Vigo, sos, lonxe dos seus fogares.

Ao longo desta semana, previa ao torneo, a delegación de Stella Maris encargarase de crear os diferentes equipos que xogarán no torneo, xa que para participar non era necesario inscribirse como equipo, senón que cada persoa, de maneira individual, realizou a inscrición. Deste xeito , pódese garantir que os equipos sexan mixtos, para poder romper as fronteiras do prexuízo e a falta de socialización entre os tripulantes —na súa maioría de procedencia  estranxeira— e os traballadores do Porto. Calcúlase que poida haber ao redor de 50 inscricións.

Tal e como explica Pilar Lago, voluntaria de Stella Maris e parte do comité organizativo desta actividade, «o fútbol é un deporte que lle gusta a todo o mundo e, sobre todo, é un deporte en equipo que permite interactuar, socializar». Trátase dunha iniciativa que a delegación encargada do apostolado do mar idea o pasado curso, pero que, ata o de agora, non puido materializarse.

Durante o torneo tamén haberá a actuación dun grupo de rock e unha exhibición de ximnasia rítmica que amenicen a mañá e a entrega de premios final, que constará de: unha medalla de Stella Maris a todos os participantes, un trofeo ao equipo gañador, e un premio especial.  

Campaña «Gorros que non só abrigan»

Ademais desta iniciativa, co obxectivo de contribuír ao benestar dos mariñeiros en colaboración coas empresas armadoras e as institucións portuarias, Stella Maris de Vigo puxo en marcha a campaña «Gorros que non só abrigan» a través da cal, convidan a persoas particulares, a parroquias, a centros de maiores e a todas aquelas institucións  que queiran colaborar, a calcetar gorros para regalar durante este Nadal aos mariñeiros que están lonxe das súas casas. Grazas á colaboración de voluntarios, da Autoridade Portuaria de Vigo e de empresas do sector privado, o pasado ano, Stella Maris conseguiu, mediante a repartición de caixas de produtos do Nadal e gorros calcetados a mans, dulcificar a situación de illamento e ausencia familiar de 80 mariñeiros da frota de altura cuxos  barcos arribaron en Vigo durante as datas festivas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp