9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Susana García Baquero, fiscal xefe de Vigo, lerá o pregón ao Santísimo Cristo da Vitoria

Susana García Baquero, fiscal xefe de Vigo, lerá o pregón ao Santísimo Cristo da Vitoria
Foto: Representantes de la cofradía del Santísimo Cristo de la Victoria y del Concello, en la reunión

O luns 10 de xullo, varios membros da directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria encabezados pola súa presidenta, Dna. Marora Martín-Caloto, reuníronse co alcalde da cidade, D. Abel Caballero, para concretar distintas cuestións ao redor da festividade do Santísimo Cristo da Vitoria. Así transmitiron o seu desexo de que a lectura do pregón do día 5 de agosto no Pazo de Castrelos  sexa encomendada a Susana García-Baquero, fiscal xefe da área de Vigo. Pola súa banda, o presidente de ARVI, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo Arvi, Javier Touza, será quen porte este ano o estandarte do Cristo da Vitoria, tal e como informou esta tarde a Confraría do Cristo da Vitoria.

Por outra banda, tamén se deu a coñecer o nome do predicador convidado deste ano, Mons. D. Jesús Rodríguez Torrente, Xuíz Auditor da Rota da Nunciatura Apostólica de Madrid.

No transcurso da reunión, concretáronse ademais diversos puntos acerca da procesión do Cristo da Vitoria e os actos que a rodean. O Percorrido definitivo da Procesión está por ultimar a falta de mínimos detalles, pero é seguro que concluirá na remodelada Porta do Sol.

A presidenta da Confraría destacou a «colaboración total e o interese para que todo transcorra perfectamente» mostrado polo Concello, que colaborará de novo coa Confraría nos gastos, incluíndo a instalación dunha pantalla que se situará nas inmediacións da Concatedral a través da que se poderá  seguir o descendemento da imaxe o sábado 5 de agosto a partir das 20:30 horas, e as misas do día da festividade, desde primeiras horas ata a saída en procesión. Así mesmo, a Alcaldía mostrou a súa disposición para facilitar que o descendemento do Santísimo e os actos do día posterior sexan retransmitidos en streaming  a través distintos sitios web, entre eles, a páxina web da Confraría, www.cristodevigo.es.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp