9 de Maio de 2024

,

San Isaías
9 de Maio de 2024

,

San Isaías

Acción Católica de Tui-Vigo organiza dúas charlas coresmais

Acción Católica de Tui-Vigo organiza dúas charlas coresmais

A delegación de Acción Católica Xeneral (ACG) da diocese de Tui-Vigo organiza dúas charlas coresmais a cargo do bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro —o sábado 2 de marzo— e o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto —sábado 9 de marzo—. Ambas as charlas terán lugar no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús, en Vigo, de 10.30 a 12.30 horas.

A presidenta da Acción Católica Xeneral da diocese de Tui-Vigo, Ángela Extremadouro, explica que esta proposta  desenvólvese na diocese desde hai máis de 20 anos e que está «aberta a todos, porque, como nos di o papa Francisco, a ACG está ao servizo da Igrexa diocesana». Neste sentido, a ACG de Tui-Vigo fai un chamamento a parroquias, movementos, asociacións e fieis en xeral a participar nas charlas, que son unha boa oportunidade para profundar no significado da Coresma.

tempo litúrxico da Coresma comeza coa celebración do Mércores de Cinza —este ano foi o 14 de febreiro, día no que se bendixo  e impuxo a cinza feita cos ramos de oliveira ou doutras árbores, bendicidos o ano anterior— e caracterízase por ser un tempo especial de penitencia e conversión. A Igrexa católica convida os fieis a intensificar a oración, o xaxún e a esmola, e a buscar momentos para achegarse ao sacramento da Reconciliación, coa vista posta na celebración da Semana Santa e a Pascua, actos centrais da fe cristiá.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp