20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena
20 de Maio de 2024

,

San Bernardino de Siena

«Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», unha iniciativa madura para segrares

«Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», unha iniciativa madura para segrares
FOTO.- Alumnos asistentes al acto de clausura del curso 2023-2024 de «Ágora» | © Diocese de Tui-Vigo

O mércores 24 de abril, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, asistiu ao acto de clausura do terceiro curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», que tivo lugar no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo. Durante a súa intervención, o prelado subliñou que «a Teoloxía para segrares é unha iniciativa madura que hai que levar ás parroquias», porque se trata dunha «experiencia intelectual cunha dimensión pastoral na realidade concreta da vida parroquial, absolutamente, imprescindible».

A calidade da formación impartida polo profesorado foi outro dos elementos que Mons. Luís Quinteiro destacou durante a súa intervención. Ademais, agradeceu a participación dos alumnos e as alumnas, a quen lembrou que «os teus coñecementos, os teus intereses intelectuais, teñen que notarse na túa parroquia ou no ámbito no que traballes». Neste sentido, expresou que o saber teolóxico pode influír na realidade e contribuír á renovación da Igrexa, a través do traballo conxunto.    

Previamente ao a intervención do bispo, José Vidal, vigairo de Pastoral da diocese de Tui-Vigo, agradeceu a participación de todos os alumnos e alumnas que, durante estes tres anos, «viñestes e asististes con constancia e interese a este espazo de formación, sen máis afán que coñecer a fe e servir á Igrexa. Xa que logo, grazas».

Neste terceiro curso de «Ágora : Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» impartiuse na formación específica e práctica acerca dos ministerios do Lectorado e o Acolitado, que o papa Francisco instituíu no ano 2021 —estaba previsto ofrecer formación doutras dúas liñas específicas sobre Catequeses e Voluntariado, que se trasladaron ao próximo curso—. Con relación á posibilidade de recibir algún ministerio, José Vidal explicou que «Ágora ofrece, simplemente, a capacitación teolóxica necesaria, pero isto non é suficiente para recibir un ministerio, xa que os ministerios non son unha honra que se recibe, senón un servizo que se presta á comunidade». Así, en última instancia, son os párrocos os que teñen a competencia de propoñer ás persoas que consideren idóneas para recibir estes ministerios atendendo á cualificación teolóxica, a madurez humana e o compromiso cristián e apostólico.

Tras as intervencións do bispo e o vigairo de Pastoral, Mons. Luís Quinteiro fixo entrega dos diplomas que acreditan a asistencia e a formación recibida nos diferentes cursos ofrecidos por «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», durante este curso 2023-2024.

No ano 2021, a escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o 2008, redefiniuse como unha escola de Teoloxía, ministerios e servizos, cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—. O plan de estudos da escola estivo composto por 12 materias de introdución á Teoloxía, repartidas en tres cursos e catro liñas específicas de formación: Lectorado, Acolitado, Catequese e Voluntariado.

Clausura de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
« de 15 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp