9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

O 5 de maio, a Igrexa celebra a Pascua do Enfermo

O 5 de maio, a Igrexa celebra a Pascua do Enfermo

O domingo 5 de maio, a Igrexa en España celebra a Pascua do Enfermo, para poñer de manifesto nas parroquias a necesaria atención e acompañamento ás persoas enfermas. Con esta celebración, clausúrase a Campaña do Enfermo 2024, que deu comezo o pasado 11 de febreiro, festa da virxe de Lurdes, coa Xornada do Enfermo a nivel mundial, que departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española convocou baixo o lema «Dar esperanza na tristeza».

Na mensaxe publicada con motivo desta celebración, os bispos da Conferencia Episcopal Española expresaron o seu desexo de festexar esta Pascua do Enfermo no contexto das preparacións para o Xubileu do 2025, que axudará «a restablecer un clima de esperanza e confianza, como signo dun novo renacemento que todos percibimos como urxente». Neste sentido, na súa mensaxe, os prelados ofrecen dúas propostas ante a enfermidade: a fe e a oración, que «nos abren á esperanza que permite non sucumbir ante a tristeza e o sufrimento». Os bispos tamén piden «orar cos enfermos e orar polos enfermos», para que «que poidan constatar que non están sós nin abandonados, nin que a súa vida é inútil, que son os chamados por Cristo, a súa viva e transparente imaxe».

A través da seguinte ligazón podes descargar os materiais para a celebración da Pascua do Enfermo que poñen ao dispor a delegación de Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo e o departamento da Conferencia Episcopal Española.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp