9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Matrimonio é +: App móbil

Matrimonio é +: App móbil
Foto: Cartel promocional de la app «MatrimONio».

Do 14 ao 20 de febreiro, a diocese de Tui-Vigo unirase a celebración da Semana do Matrimonio, cuxo lema «Matrimonio é +» manifesta a intención de ofrecer unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, así como para mostrar á sociedade a beleza do matrimonio.

Desde a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española, desenvolveron diversos materiais dispoñibles a través dunha aplicación para dispositivos móbiles: APP «Matrimonio», accesible para sistemas Android en Google Play e  IOS no App  Store. A través da ligazón  appmatrimonio.es pódese acceder e ver todas as opcións. 

Nesta aplicación inclúense diferentes actividades para crecer na vida matrimonial, desde un retiro para matrimonios, unha meditación diaria, diálogos conxugais de cinema, vídeos con testemuños ou a axenda coas iniciativas nas dioceses.

Ademais, a partir do día 14 de febreiro estará dispoñible a páxina web que se creou para esta semana do Matrimonio:  matrimonioesmas.org, a través da cal se poderá acceder a todos os recursos realizados para a súa difusión nas diferentes redes sociais.

Trátase dunha proposta a nivel nacional que puxo en marcha a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española e que se enmarca no contexto do Ano da «Familia  Amoris  Laetitia», convocado polo papa Francisco en decembro de 2020; un ano que arrincou en marzo do pasado ano coincidindo co 5º aniversario da publicación de  Amoris  Laetitia, a  exhortación  apostólica do Santo Pai que fala da beleza do matrimonio.

Desde a delegación diocesana de Pastoral Familiar, animan a todas as parellas —xa sexa casadas ou camiño a recibir o  sacramento— a participar nas actividades propostas e tamén a descargarse a APP, para enriquecer a súa vida común mediante a oración e o testemuño doutras persoas que, ao longo dos anos, aprenderon a fortalecer a súa unión a pesar das adversidades da vida.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp